FEUGA trae a Santiago ao diplomático e exdirector do CNI Jorge Dezcallar
luns, 27 de xuño do 2022
- Jorge Dezcallar nunha imaxe de Eldiario.es
A
Fundación Empresa-Universidade
Galega (FEUGA) organiza o acto Diálogo sobre o futuro,
que se celebrará este martes 28 de xuño ás 10:00 horas na sede
compostelá de FEUGA. No evento participarán o diplomático español
e exdirector do CNI Jorge Dezcallar, quen conversará co politólogo
Xosé Luís Barreiro.
Durante
unha hora dialogarán baixo o epígrafe Europa: o primeiro que
pensamos cando as crises irrompen e tratarán temas de
actualidade como Rusia, as tensións no Pacífico Sur, os gobernos de
América do Centro e América do Sur, as relacións de España con
Marrocos e Alxeria, etc.
O
obxectivo desta xornada é analizar, baixo un formato áxil, a
situación xeopolítica a nivel mundial, coa experiencia e o
coñecemento de Jorge Dezcallar, quen foi director do Centro Nacional
de Intelixencia (CNI) entre 2001 e 2004 e embaixador de España en
Estados Unidos entre 2008 e 2012. Ademais, na súa ampla traxectoria
profesional foi director xeral para África e Oriente Medio, director
xeral de Asuntos Políticos e embaixador en Marrocos e ante a Santa
Sé.