Huawei podería vender a marca Honor para conseguir liquidez
martes, 10 de novembro do 2020
O fabricante chinés Huawei, pese a manter unha posición
líder en mercados como o chinés, está a pasar apuros de distinta índole, e
dende a axencia Reuters aseguran que para conseguir liquidez estarían
a ultimar a venda da súa filial Honor por 100.000 millóns de iuans (12.824
millóns de euros) a un consorcio formado polo distribuidor Digital China e o
goberno de Shenzhen.
A operación incluiría todos os activos de Honor (marca, I+D e dirección da
cadea de subministros) e realizaríase en efectivo, xa que a principal intención
por parte de Huawei é conseguir liquidez para facilitar a superación da súa
complicada situación actual, na que continúa a ser o segundo fabricante de móbiles
a nivel mundial, pero ten unha serie de sancións impostas polos EE.UU. que está
a complicarse seriamente a fabricación de futuros dispositivos o vetar a moitas
compañías ter relacións comerciais coa compañía chinesa.
Comentan que Honor mantería a meirande parte do seu equipo directivo e os máis
de 7.000 empregados, quedando por ver como sería a comercialización
internacional destes produtos, xa que actualmente comparten canles de
distribución con Huawei.