José Antonio López, CIO de Tous, estará o 10 de xullo na nova sesión de SinFiltro

venres, 21 de xuño do 2024 S. P.

SinFiltro, o ciclo de charlas informais e distendidas sobre tecnoloxías (e onde as tecnólogas e tecnólogos cobran protagonismo para mostrar o seu lado máis humano) impulsado por Marcelo Castelo, volve este mes de xullo cun encontro con José Antonio López, responsábel dos sistemas de tecnoloxías da información (CIO) na empresa Tous Jewelry, unha das empresas máis relevantes do sector da moda.
Na sesión de SinFiltro, López reflectirá a súa experiencia tecnolóxica nesta empresa punteira pero tamén as súas experiencias previas en firmas tan destacadas como Grupo Albertis, a operadora Ono, Servihabitat ou Saba. Será o día 10 do vindeiro mes ás 12.30 horas.
O novo programa (o último episodio da cuarta tempada de SinFiltro) emitirase en directo o mércores 10 de xullo ás 12:30h a través dunha ligazón específica a Youtube e o contido non quedará dispoñíbel posteriormente. Quen precise máis información sobre a nova xeira informativa de SinFiltro ten ao seu dispor o evento subido no LinkedIn.
O programa recibe o respaldo do CCII (Consejo de Colegios de Ingeninería Informática), COEINF (Col·legi Oficial d’’Enginyeria Informàtica de Catalunya), CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), COIICV (Colegi Oficial de Enxeñería Informática da Comunitat Valenciana), COEIIB (Col·legi reuneix els professionals de l’’Enginyeria en Informàtica de les Illes Balears), CPITINA (Colegio Profesional de Ingeniería Técnica en Informática de Navarra), COIICLM, (Colegio Oficial de Ingenieros en Informática de Castilla La Mancha) e da UDC (Universidade da Coruña).

PUBLICIDADE