Artigos desta sección
Aberto o prazo de inscrición do XGN
Á fin… despois de varias semanas de incertidume e de espera impaciente por parte dos asíduos á party informática máis importante do noso país, o Xuventude Galicia Net abre o seu prazo de inscrición. O encontro, que se levará a cabo entre o vindeiro 15 e o 17 deste mes en Santiago de Compostela (concretamente no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia) (...)
Ler máisO Primeiro de Abril saldouse con multitude de bromas na web
O 1 de abril é unha data moi especial en moitos países por empregarse para realizar distintas bromas no que se coñece como April Fools e que en Brasil, Portugal e algunhas partes de Galicia definen como Primeiro de Abril, o que ten un claro reflexo na Rede, onde é xa tradición aproveitar para publicar novas falsas e produtos realmente ridículos e absurdos, (...)
Ler máisViber incorpora mensaxes de texto
A finais de 2010 chegou a iOS unha aplicación chamada Viber que facilita a realización de chamadas de voz a través de IP dende o iPhone tanto mediante conexións 3G como Wi-Fi, que permite así un importante aforro en chamadas telefónicas, e que agora na App Store está dispoñible a súa versión 2.0.1, que incorpora como principal novidade a posibilidade de empregar (...)
Ler máisO parque europeo de videoconsolas en números
A cadea de tendas GameStop vén de publicar datos recadados por IDG que ilustran sobre o marque de videoconsolas que temos en Europa, deixando claro que o panorama comunitario difire bastante tanto da realidade española como da dos EE.UU. ou o Xapón. As consolas líderes son as de Nintendo (denominador común global), con 46 millóns de unidades da familia de (...)
Ler máisFacebook facilita a transformación de perfís de usuario en páxinas
Moitas empresas ao dar o salto ás redes sociais cometeron o erro de abrir un perfil de usuario en Facebook en vez de crear unha páxina en tal plataforma, de xeito que incumpren as condicións do servizo e teñen que afrontar limitacións como ter que aprobar os seus amigos de un en un e non poder superar as 5.000 amizades, pero para poder solucionar a situación (...)
Ler máisMovistar busca na Rede novos talentos musicais para o seu selo discográfico
Tal día coma hoxe (1 de abril) celébrase o Día dos inocentes en moitos países de fala non hispana do mundo (April Fools Day en EE.UU. e Inglaterra; Día da mentira en Brasil ou Le Poisson d´Avril en Francia) onde está permitido facer bromas tales como as que facemos nos aquí o 28 de decembro polo que hai que ter moito coidado cos comunicados que chegan ás (...)
Ler máisCulturagalega.info estrea nova versión con máis imaxes e unha axenda máis completa
A plataforma de comunicación en liña GaliciaDixital vén de pór en marcha unha nova versión do seu portal culturagalega.info, un espazo en liña dirixido a centralizar unha boa parte das nosas novidades ligadas a expresións creativas de toda índole: literatura, pintura, escultura, artesanía, danza, teatro, música, etc. A nova feitura da páxina web inclúe a achega (...)
Ler máisOs fabricantes de equipos comezan a recibir o Windows 8
Aínda o Windows 7 acaba de chegar na súa versión en galego, e Microsoft prepara o seu novo movemento en sistemas operativos. De feito, xa non é que pense nel, é que xa está a distribuílo, aínda que de xeito limitado e en probas. Segundo se conta na Rede, a multinacional xa está a enviar a versión 8 aos fabricantes de computadores, na súa versión pre-beta, iso si. (...)
Ler máisBlu:sens reforza a súa presenza exterior co nomeamento de Juan Carlos Vez como director xeral
A empresa galega Blu:sens está a quecer motores para a súa nova etapa de medre e espallamento, un proceso que case con toda seguridade implicará máis mercados a engadir aos presentes, o afianzamento dos que xa ten e a ampliación e enriquecemento do seu catálogo de produtos de lecer electrónico. Neste senso, xa se perciben cambios, como o nomeamento de Juan (...)
Ler máisAberto o prazo para inscribirse nas Xornadas TIC TAC Galicia
Dende que comezou o 2011, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, non deixou nin un só día de velar pola plena accesibilidade de todas as persoas ao que coñecemos como Sociedade da Información. Os seus últimos esforzos investiunos en achegarlle as TIC ás persoas con discapacidade (colectivo que agora mesmo centra os intereses máis inmediatos (...)
Ler máis0 | ... | 30950 | 30960 | 30970 | 30980 | 30990 | 31000 | 31010 | 31020 | 31030 | ... | 42400