Artigos desta sección
GalegoLab anima á comunidade internauta a apoiar a lingua a través dos seus proxectos
A plataforma GalegoLab está a mobilizar estes días aos seus membros coa arela de impulsar os seus proxectos en fase de desenvolvemento. Cómpre lembrar que tanto estas iniciativas pendentes de pulo como as que xa están rematadas colleron corpo, precisamente, grazas ao labor conxunto da comunidade de integrantes de GalegoLab, plataforma que como xa temos (...)
Ler máisModernización incentiva a creación de novos proxectos no sector TIC
Ata 2.600.000 euros vai destinar este ano a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica no noso país para potenciar o sector empresarial da sociedade da información e propiciar o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos propios. Así se recolle nunha orde de axudas publicada no Diario Oficial de Galicia de hoxe, que establece dúas liñas de (...)
Ler máisComeza esta semana a xuntanza #NeThinking na Illa de San Simón
Como comunicar ben cando hai sobrecarga de información? Este é un dos grandes paradoxos dos nosos días, o de ter entre mans unha Sociedade do Coñecemento que, de non manexala con tino, pode provocar ignorancia a mans cheas. No caso da profesión de xornalista, os riscos son claros: pásase de ter catro ou cinco fontes fiables a contar cun número infinito delas, (...)
Ler máisGoogle colabora con MasterCard e Citigroup para facilitar os pagamentos co móbil
Google anunciou que pechou un acordo de colaboración con MasterCard e Citigroup para facilitar a realización de pagamentos con móbiles Android aproveitando a tecnoloxía NFC que incorporaron hai pouco no Nexus S fabricado por Samsung. Con esta tecnoloxía os usuarios de móbiles con NFC poderían realizar compras pasando o seu terminal xunto a un pequeno lector, o (...)
Ler máisA Biblioteca Ánxel Casal avanza na accesibilidade
Francisco López, director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, presentou hoxe o novo servizo Biblioteca Accesible da Biblioteca Ánxel Casal, que pretende que calquera persoa con eiva física poida acceder á biblioteca e aos seus recursos informativos. Concretamente os novos recursos informáticos dispoñibles na Biblioteca Ánxel Casal son 2 ordenadores de (...)
Ler máisCampaña da CiberIrmandade pola galeguización da páxina web de Santiago Pemán
A CiberIrmandade da Fala ten emprendido moitas campañas para instar aos galegos a solicitar a través da Rede a galeguización de distintas páxinas web, sendo o último obxectivo deste colectivo a páxina web de Santiago Pemán, o home do tempo de referencia para a meirande parte dos galegos, polo que non entenden que o seu espazo na Internet estea integramente en (...)
Ler máisThe New York Times volve a ser de pagamento na web
Esta noite o xornal The New York Times vai activar o seu servizo de subscrición dixital, de xeito que os usuarios que queiran gozar dos contidos da publicación na Internet deberán pagar 15 dólares cada 4 semanas de acceder aos mesmos vía web ou a través dunha aplicación para móbiles,20 dólares para acceso web e a través da aplicación para tablets e 35 dólares (...)
Ler máisAs alarmas do iPhone volven fallar tras o cambio de hora
A primeiros de novembro e xaneiro os iPhone fallaban ao non disparar as súas alarmas á hora programada, e o cambio de hora da pasada fin de semana provocou a repetición das incidencias pese a que é un erro moi coñecido e que está a perdurar a numerosas actualizacións do software dos terminais de Apple, dando a impresión de que a compañía de Cupertino dá máis (...)
Ler máisA Xunta colaborará co CPETIG en materia formativa
A Xunta e os enxeñeiros técnicos en Informática unirán forzas no camiño de mellorar a oferta formativa actual ligada á seguridade dixital no noso país. Así nolo conta a Secretaría Xeral de Modernización, que asinou un acordo co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) para encher determinados ocos de información e formación no eido (...)
Ler máisIneo desvela este martes os principios básicos do neuromarketing
Este martes 29 de marzo, Vigo dará acubillo a un encontro profesonal destinado a pór de relevo innovadores xeitos de promovernos, facer publicidade e distribuír os nosos produtos. Xeitos que pasan de maneira inevitable polo uso a esgalla de novas tecnoloxías, incluidas as sociais, e por un contacto máis directo con clientes e usuarios, tanto que até se terá (...)
Ler máis0 | ... | 30990 | 31000 | 31010 | 31020 | 31030 | 31040 | 31050 | 31060 | 31070 | ... | 42400