O Courel quere conservar en funcionamento a súa rede WiMAX

xoves, 6 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Un grupo de asociación de O Courel, ante a proximidade da fin do período de funcionamento en probas e de balde da rede WiMAX que achega o acceso á Internet á súa vila, solicitan que o servizo de acceso á Rede de banda larga mantéñase, asegurando que «perder agora este servizo sería un paso atrás sen ningún sentido».
Dende a Asociación Ecolóxico-Cultural O Courel, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel e o colectivo sociocultural Fonte do Milagre sosteñen que unha vez rematado o período de probas da rede WiMAX actual, esta pasará a ser xestionada polos concellos, polo que piden que se realicen os trámites oportunos para que o servizo continúe a funcionar «como ata agora», pois consideran que «dispor de acceso á Internet é un importante avance nas comunicacións, no acceso á información e na eliminación das habituais distancias e illamento en moitos ámbitos».
Curiosamente a petición da conservación do servizo contrasta con denuncias sobre o seu deficiente funcionamento, que deixaría sen cobertura parroquias enteiras como a de Seoane do Courel.

PUBLICIDADE