O escáner 3D do HP Sprout Pro poderase mercar como accesorio
luns, 8 de xaneiro do 2018
En
2014 HP sorprendeu
ao mundo co seu ordenador todo-en-un Sprout, que integraba un proxector e
un escáner 3D, para en 2016 renovalo
como HP Sprout Pro, buscando principalmente achegalo a contornos
educativos, onde o seu potencial serÃa enorme, especialmente de cara ao
desenvolvemento de novas competencias onde as 3D toman cada vez unha maior relevancia.
Pero ter que mercar un ordenador de alta gama para gozar simplemente dun escáner
tridimensional pode parecer excesivo, e por iso co gallo do CES de Las Vegas
desvelan que están
a preparar unha versión desta cámara como accesorio independente, de xeito
que poderá conectarse a case calquera monitor que sexa plano pola súa parte
traseira e asà poder empregar este scanner 3D para capturar obxectos do mundo
real para introducilos en proxectos 3D ou de realidade virtual.
Esta cámara tamén poderÃa empregarse para capturar documentos 2D e, aÃnda que
carece do proxector do HP Sprout Pro, para moitos usuarios será unha magnÃfica
solución para facilitar a dixitalización de obxectos no escritorio, aÃnda que
polo momento é difÃcil ponderar se é unha boa adquisición por descoñecerse o
prezo e a data de lanzamento do produto.
- Como accesorio independente a cámara 3D de HP poderá conectarse a practicamente calquera monitor do mercado