O novo Bing dá o salto a móbiles

mércores, 22 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

A integración de ChatGPT en Bing e Microsoft Edge vén de dar un importante salto cara adiante, de xeito que a versión preliminar do novo Bing está dispoñible nas aplicacións móbiles de Bing e Edge, e incluso incorpórase a Skype.

A versión preliminar de Bing está só dispoñible para os usuarios que se inscribisen previamente, e agora non está limitada a equipos informáticos, senón que podemos instalar as aplicacións de Bing e Microsoft Edge no noso smartphone, o que permítenos conversar co asistente de intelixencia artificial de Microsoft, ou permitirlle que resolva ás nosas consultas, coa grande diferenza coa versión de escritorio de que no móbil pode empregarse a voz para interaccionar coa intelixencia artificial: tanto é posible preguntar usando o micrófono como escoitar as respostas polos altofalantes do teléfono. Deste xeito conséguese unha interacción máis natural que pode sinalar o camiño polo que irá esta tecnoloxía no futuro.

Tamén é bastante curioso que Bing se integre en Skype, apoiado con intelixencia artificial, de xeito que nunha conversa poden engadir como participante a Bing, para poder facerlle preguntas que poidan resultar de utilidade, como axudar a planificar unha xuntanza solicitándolle suxestións sobre onde realizalas ou incluso para que dea información meteorolóxica ou sobre temas de actualidade.

PUBLICIDADE