PayPal permite as contas para mozos

mércores, 19 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O vicepresidente de Deseño e Experiencia de Usuario de PayPal, Don Fotsch, anunciou que tras iniciar a súa fase de probas o pasado decembro, abriron oficialmente o servizo de Student Accounts, a través do que os pais poden administrar contas de usuario para os seus fillos, de xeito que poderían transferir saldo ás mesmas coma se dunha conta bancaria tradicional se tratase (nos EE.UU. incluso contan con tarxetas de débito para PayPal).
Con esta nova medida os pais poden controlar o gasto dos seus fillos, especialmente a través da Internet (onde PayPal é un sistema de pago moi habitual, tanto para a compra de produtos como para pechar adquisicións a través de poxas en eBay).

PUBLICIDADE