Primux renova imaxe en liña apostando pola máxima simplicidade

martes, 22 de setembro do 2015 Redacción

Primux, fabricante galego de dispositivos intelixentes, vén de anunciar unha importante e ambiciosa remodelación da súa imaxe corporativa: unha reformulación da súa feitura online aliñada cun proceso paralelo e complementario de mellora na súa política de atención ao cliente. A evolución de Primux na Rede preséntase baixo o lema Be human. Live simple e, segundo informa a empresa con sede na Tecnópole de Ourense, do que se trata é de achegar a estratexia de seu cara as máximas simplicidade e proximidade, dúas características que por outra banda xa lle eran propias.
Así nolo conta José Morán, director executivo e co-fundador de Primux, compañía que -por certo- está a piques de chegar ao seu décimo aniversario.
Segundo informa Morán máis en detalle, a inicial da marca, a letra p, é a inspiración para a creación do novo logo. As novas cores corporativas son o verde mint e o azul, que buscan transmitir “a imaxe fresca, limpa, actual e transparente da marca”. Por certo que a nova web está desenvolvida co deseño responsive para ofrecer unha visión óptima desde calquera dispositivo. Inclúe seccións nas que dan a coñecer ao detalle cada un dos seus produtos e ao equipo detrás da compañía. A súa sección de soporte e atención ao cliente está deseñada para ofrecer unha experiencia próxima e eficaz.

PUBLICIDADE