Rianxo habilita un espazo de estudo e conexión Wi-Fi na Aula Activa do Mar

venres, 2 de setembro do 2022 S. P.

O Concello de Rianxo informou da habilitación provisional dun espazo de estudo, lectura e traballo online: un centro de traballo e formación autoxestionado nas dependencias da Aula Activa do Mar (no primeiro andar) dotado do equipamento preciso para a comunicación e a formación plenas dos seus usuarios. En concreto, conta cunha capacidade de ocupación puntual máxima de 15 postos de estudo con conexión á Rede a través de Wi-Fi, sendo a apertura de 7/24 horas e cun control de acceso por un sistema de tarxeta.
Para solicitala haberá que cumprir estes requirimentos: sermos maiores de 16 anos, estarmos empadroados en Rianxo, aceptar e mostrar a conformidade coas normas establecidas para o bo funcionamento da aula. A solicitude deberá presentarse no Rexistro do Concello, ben de maneira presencial ou na sede electrónica municipal, solicitado o uso da aula de estudio.

PUBLICIDADE