Sae a versión definitiva do Skype 4.0

mércores, 4 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

As aplicacións de mensaxería instantánea teñen que evolucionar constantemente para evitar que os seus usuarios fuxan a outras plataformas semellantes, de aí que veña de estrearse unha nova versión de Skype, que faise oficial despois dun período en probas, e que incorpora 3 grandes melloras: incrementa o tamaño do vídeo (para que poidamos ver as caras dos interlocutores a un tamaño que nos dea a entender que os temos diante), usa un novo codec de audio que mellora a calidade do son en boa medida porque precisa da metade de largo de banda para a transmisión do audio e reorganiza a súa pantalla (permitindo organizar todo nunha pantalla principal ou elixindo fiestras separadas para cada conversa).
Calquera usuario de Skype debería actualizar á versión 4.0 aínda que fose só pola optimización do audio, e resulta inspirador que pese a que as conexións de acceso á Rede dos usuarios sexa cada vez mellor algúns desenvolvedores continúen a optimizar o tráfico de rede provocado polas súas aplicacións.

PUBLICIDADE