SmartPEME rematará 2019 con 30 novos obradoiros TIC

mércores, 4 de decembro do 2019 Fernando Sarasketa

SmartPEME, a rede da Deputación de Pontevedra para a capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da provincia, vai rematar 2019 con novas e importantes accións encamiñadas a facer avanzar a dixitalización e a competitividade. Para a comarca de Vigo, achéganse en decembro 15 novas accións formativas a desenvolver nas oficinas de SmartPEME en Ponteareas (cinco), Vigo (cinco) e Porriño (cinco). A estas citas cómpre sumar as cinco previstas para a oficina de Pontevedra (sede Deputación) e outras tantas (cinco, tamén) en Cambados, ás que hai que engadir cinco obradoiros máis en Lalín. En total, 30 obradoiros dados a coñecer polo de agora. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, por correo electrónico ou vía web.
Todas estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.
No que atinxe ás actividades da contorna viguesa, a oficina SmartPEME de Vigo acollerá este mes de decembro os seguintes obradoiros: Deseña con Canva, este xoves 5 de decembro, Facebook Ads, o martes día 10, Mide os Teus Obxectivos en Redes Sociais: Análise de Estatísticas, o xoves 12 de decembro e Copywriting Aplicado a Web e Redes Sociais, previsto para o martes 17 de decembro. Estes catro primeiros obradoiros realizaranse entre as 19 e as 21 horas, mentres que o obradoiro de Ferramentas de Márketing Dixital para Empresas Turísticas, o xoves 19, farase entre as 17 e as 19 horas. Estas sesións formativas serán impartidas na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (rúa Oporto, 3).
No que respecta a Ponteareas, as actividades comezan este martes 3 de decembro cun obradoiro de Iniciación ao SEO I: Conceptos, Palabras Clave e Primeiros Pasos, o martes 10 continuarán cun obradoiro de Iniciación ao SEO II: Optimizara a túa Páxina Web para Gañar Visibilidade, o xoves 12 de decembro será a quenda de aprender sobre Facebook Ads, xa o martes 17 impartirase un obradoiro sobre Ferramentas de Marketing Dixital para Empresas Turísticas e, por último, o xoves 19 as realizarase un obradoiro titulado Vende Produtos en Liña con Campañas de Google Shopping. Todos estes obradoiros impartiranse de 19 a 21 horas, a excepción de Copywriting Aplicado a Web e Redes Sociais, o martes 17, entre as 17 e as 19 horas. A totalidade destes obradoiros será impartida no Centro de Desenvolvemento Local (Lomba do Cruceiro, 5, Ribadetea, Ponteareas).
No que atinxe ao Porriño, impartiranse os seguintes obradoiros este mes de decembro: Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais, este martes 3 de decembro, Desenvolve a túa Propia Estratexia de Email Marketing, o martes día 10, Design Thinking, o xoves 12, Coñece as Tendencias en Economía Dixital: Impresión 3D e Robótica, o martes 17 de decembro, e Deseña con Canva, o xoves día 19. Estes obradoiros desenvolveranse de 19 a 21 horas no Multicentro do Concello de Porriño (Ribeira, s/n, Torneiros).
No caso de Lalín, os cursos que se impartirán dende este mércores 4 ata o 19 de decembro serán os seguintes: Optimiza a túa Páxina de Facebook, que terá lugar o mércores 4 de decembro, entre as 19 e as 21 horas; Vende os teus Produtos en Facebook e Instagram, que será o martes 10 de decembro, de 19 a 21 horas; Vídeo co teu Smartphone: Crea, Grava e Edita coma un Profesional, que está programado para o xoves 12 de decembro, de 19 a 21 horas; Crea a túa Presentación Comercial en Menos de 90 Minutos, o martes 17 de decembro, de 19 a 21 horas; e, finalmente, Coñece as Tendencias en Economía Dixital: Impresión 3D e Robótica, que se desenvolverá o xoves 19 de decembro, entre as 19 e as 21 horas. Estes obradoiros impartiranse no Viveiro de Empresas de Lalín (Polígono Lalín 2000, parcela E), agás o de Optimiza a túa Páxina de Facebook, que terá lugar no Viveiro da Estrada.
No que respecta a Pontevedra, os cursos que se impartirán ata o 19 de decembro serán os seguintes: Crea as túas Fotografías para a Campaña de Nadal, que se desenvolve este martes 3 de decembro, de 19 a 21 horas; Crea a túa Presentación Comercial en Menos de 90 Minutos, que será o martes 10 de decembro, de 19 a 21 horas; Motores de Reservas para Empresas Turísticas, programado para o xoves 12 de decembro, entre as 17 e as 19 horas; Vende Produtos en Liña con Campañas de Google Shopping, que se realizará o martes 17, entre as 19 e as 21 horas; e, finalmente, Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais, que será o xoves 19, de 19 a 21 horas. A totalidade destes obradoiros será impartida no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra (avenida Montero Ríos, s/n).
Por último, a sede de SmartPEME en Cambados, acollerá até o 19 de decembro as seguintes accións formativas: Motores de Reservas para Empresas Turísticas, este martes 3 de decembro, de 17 a 19 horas; Fotografía de Produto: Todo o que Debes Saber, programado para o martes 10 de decembro, entre as 19 e as 21 horas; Ferramentas de Google para a Promoción de Negocios Locais, o xoves 12 de novembro, de 19 a 21 horas; Como Promover o teu Propio Evento en Redes Sociais, o martes 17 de decembro, entre as 19 e as 21 horas; e, finalmente, Crea a túa Presentación Comercial en Menos de 90 Minutos, o xoves 19 de decembro, de 19 a 21 horas. Estes obradoiros impartiranse no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada, s/n, Cambados).

Datos sobre o Proxecto SmartPEME

SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro, abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

PUBLICIDADE