Twitter recupera o seu programa de verificación de contas

xoves, 20 de maio do 2021 Marcus Fernández

En 2017 as polémicas ao redor de contas de usuario que provocaron grandes polémicas levaron a que Twitter conxelara o seu programa de verificación de contas para evitar que o público confundise a verificación de identidade aos adhesión de Twitter ao que esa conta publica. Dende aquela non hai un xeito transparente para conseguir o desexado check azul que ratifica a súa autenticidade, e tras todo este tempo de reflexión, decidiron mudar considerablemente este proceso que comeza agora a súa reactivación.
O sistema de verificación de contas intégrase nas normas da plataforma, de xeito que cando unha conta teña un comportamento reprobable perderá o selo de verificación, buscando así evitar polémicas como as que aconteceron no pasado.
Polo momento, a solicitude de verificación de contas pode realizarse a través da aplicación para móbiles de Twitter, aínda que a opción para realizar a solicitude polo momento só está visible para uns poucos usuarios, xa que decidiron que esta funcionalidade despregaríase durante varias semanas entre os usuarios.
Aparte de ter que agardar a que estea dispoñible a opción de solicitude de verificación, neste momento o tipo de usuarios que poden optar ao procedemento está bastante restrinxido, limitándose a 6 categorías: gobernos; empresas, marcas e organizacións; empresas de novas e xornalistas; entretemento; deportistas e videoxogos; e activistas e outras persoas influentes.
Unha vez solicitada a verificación tardaremos uns días en recibir un correo electrónico en resposta, mecanismo que podería chegar a demorarse semanas en función do número de solicitudes recibidas e, de aprobarse a solicitude, o usuario pasaría a recibir o selo de verificación. En caso de recibir unha resposta negativa o usuario poderá volver solicitar a verificación 30 días despois.
A finais de ano incorporarán novas categorías ao programa de verificación de contas, para, por exemplo, facilitar que científicos, académicos ou líderes relixiosos poidan gozar tamén dun selo que verifique a súa identidade.

PUBLICIDADE