Unha xornada da UDC móstranos como combater as fake news en materia de saúde

mércores, 26 de outubro do 2022 S. P.

O salón de actos da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña acollerá este 26 de outubro pola tarde, a partir das 16:30 horas, a conferencia Desinformación, redes sociais e saúde: unha problemática sen solución? Será unha boa oportunidade para refrescar os nosos coñecementos en metodoloxías que nos axuden a loitar contra as novas falsas das redes en materia de saúde, deporte e nutrición.
Esta actividade de debate, reflexión e divulgación corre a cargo do profesor da Universidade Carlos III Daniel Catalán, titulado en Fisioterapia e Comunicación; director do grupo de investigación MediaLab; editor xefe da Revista Española de Comunicación en Saúde e membro da Cátedra Jean Monnet EU, Disinformation & Fake News.
A asistencia é libre ata completar aforo, aínda que se precisa inscrición.
Esta actividade está organizada pola Cátedra UDC Vegalsa- Eroski dentro do programa do Outubro Saudábel.

PUBLICIDADE