Vodafone regalará 50 móbiles Samsung GALAXY S4 na Coruña

mércores, 5 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro xoves 13 de febreiro a partir das 17:00 horas Vodafone yu: reta aos seus clientes a que celebren o lanzamento de Vodafone Wallet cun desafío moi especial que terá lugar en 10 tendas do operador británico entre as que destacamos a da Praza de Pontevedra na Coruña, e que permitirá facerse cun dos 500 móbiles Samsung GALAXY S4 (valorados en 600 euros cada un) que repartirán xunto cun saldo de 25 euros en Vodafone Wallet para os que acudan co corpo enteiro pintado como se levasen roupa, podendo vestir só roupa interior, calzado e algunha prenda na cabeza.
A tenda galega contará cun total de 50 terminais 4G, aos que optarán os valentes que ousen aparecer con bodypainting (o que é toda unha ousadía no duro inverno que estamos a vivir), permitíndoselles vestir roupa de abrigo mentres esperan no exterior da tenda.
Vodafone yu: é un programa con tarifas deseñadas para un público mozo, que inclúe unha completa oferta de smartphones, aplicacións, experiencias e contidos, entres os que podemos destacar un orixinal programa de radio que nas últimas semanas contou con convidados como o galego Cañita Brava.
O reto de Vodafone yu: explícao en vídeo Dani Mateo:


Cómpre destacar que a promoción vai dirixida a clientes actuais de Vodafone.

PUBLICIDADE