A Coruña acolle este mércores 13 a xornada Kubernetes & AI, con sentidiño
luns, 11 de maio do 2026
O vindeiro mércores 13 de maio de 2026, A Coruña acollerá Kubernetes & AI, con sentidiño, unha xornada aberta ao ecosistema tecnolóxico local para falar de intelixencia artificial, infraestrutura dixital e de como estas ferramentas están a incorporarse xa a produtos e servizos reais.
O encontro reunirá a profesionais, comunidade técnica, empresas, institucións e persoas interesadas
en entender mellor como a IA está a cambiar a forma na que se desenvolven, despregan e analizan as aplicacións e os servizos tecnolóxicos que usamos cada dÃa. O formato combinará charlas, unha mesa redonda e un espazo final distendido para seguir conversando entre asistentes.
A cita está organizada por GDG A Coruña e GPUL, coa participación de AESIA, o apoio de Kelea e InditexTech, e a colaboración do Concello da Coruña, CNCF Galicia e Sysarmy Galicia.
O programa contará con relatores de primeiro nivel internacional como Antonio Ojea (Google, Steering Committee de Kubernetes), Carlos Sánchez (Adobe, Apache Software Foundation) e Daniel Mellado (Red Hat).
A xornada completarase cunha mesa redonda na que tamén participará Laura Lodeiro Gómez, por parte de AESIA, moderada por Christian López Balsa, de Kelea Tech.
Segundo destacan dende a organización acerca do interese xerado pola xornada, a resposta do público foi especialmente positiva, xa que o aforo inicial cubriuse en apenas uns dÃas, o que permitiu ampliar a capacidade do evento ata as 150 persoas e trasladar a cita a unha nova localización, Studio Follow, na Coruña.
Kubernetes & AI, con sentidiño busca abrir unha conversación útil e aterrada sobre unha cuestión que afecta tanto o sector como ao conxunto da sociedade: como aproveitar o potencial da intelixencia artificial sen perder de vista a responsabilidade, a supervisión e o impacto práctico das decisións tecnolóxicas.
