A nova versión da app M&C de Sony permite controlar até 4 cámaras á vez co iPad

luns, 3 de xuño do 2024 Marcus Fernández

Os propietarios de cámaras de Sony moi populares entre os creadores de vídeo, como son a α9 III, a Burano 8K, a α1, a α7s III, a FX3, a FX30 e a FX6, poden gozar da aplicación móbil Monitor & Control, que permite controlar sen fíos moitos dos parámetros da cámara e poder axustar o enfoque nunha pantalla de maior tamaño pero, a partir da última actualización da aplicación no caso do iPad as prestacións son aínda maiores, xa que como grande novidade inclúe a posibilidade de conectar sen fíos a un único iPad até 4 cámaras, poden así realizar disparos dende varias cámaras por parte dunha única persoa.
A nova función de control de até 4 cámaras funciona tanto mediante conexións sen fíos como a través de cable, achegando unha grande flexibilidade, facendo aínda máis práctica esta aplicación tan atractiva para os creadores de vídeo.

PUBLICIDADE