Hackean o Nook, abríndoo á web e a aplicacións de Android

xoves, 17 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Google Reader visto nun Nook

O lector de libros electrónicos de Barnes & Noble, o Nook, vén de ser hackeado, de xeito que atoparon a maneira de aproveitar a tarifa plana de datos 3G do dispositivo e a súa conexións Wi-Fi para convertelo nun dispositivo totalmente novo, capaz incluso de funcionar coma lector de novas a través de servizos coma Google Reader.
Un grupo de desenvolvedores xa portaron aplicacións para acceder a Twitter e Facebook dende o Nook (tarefa relativamente doada, pois o dispositivo funciona co sistema operativo Android), aínda que non sería de sorprende que dende Barnes & Noble tomasen medidas para que as novas unidades que envíen do lector de e-books estea máis protexido para que os seus usuarios non poidan abusar da súa conexión á Internet a través de aplicacións caseiras, aínda que tendo en conta as limitacións das pantallas de papel electrónico non parece que iso vaia ser un grande problema, posto que o tráfico de rede sería máis semellante á dun móbil que á dun ordenador.

PUBLICIDADE