Olimpia López entrega 71 carnés de ciberexperto ao alumnado dos colexios Sagrado Corazón e Albeiros , en Lugo
luns, 11 de maio do 2026
A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, fixo entrega de 31 e 42 carnés de ciberexpertos, respectivamente, ao alumnado de 6º de primaria dos colexios Sagrado Corazón e Albeiros de Lugo, nuns actos aos que tamén asistiron os formadores da Policía Nacional, Rubén Darío Veiga e Iván García.
A subdelegada puxo en valor a importancia da formación dixital nas aulas para previr calquera tipo de acoso ou violencia a través das novas plataformas.
Nos actos de entrega dos carnés, felicitou a todos os alumnos e alumnas polo seu interese nesta aprendizaxe, así como aos formadores da Policía Nacional “polo seu traballo na formación dos escolares”. A subdelegada tamén tivo palabras para o equipo directivo, de quen agradeceu “a súa receptividade á hora de que o alumnado poda recibir esta información”.
Engadiu que “a seguridade dixital da infancia e a mocidade é un reto colectivo, e dende o Goberno de España apostamos por formar ás novas xeracións no uso seguro da internet e das redes sociais”.
Os axentes traballaron cos escolares en cuestións como a navegación segura, a xestión da privacidade en liña e fóra da rede, o uso responsable das redes sociais e a prevención fronte aos riscos das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación (TRIC).
Durante o 2026, a Policía Nacional prevé entregar ata 700 carnés de ciberexperto na cidade de Lugo. “Este programa demostra que a prevención e a formación son as mellores ferramentas para protexer á infancia no entorno dixital”, finalizou a subdelegada.
