Google Play celebra os seus 25.000 millóns de descargas

mércores, 26 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Evolución das descargas en Google Play

A tenda de aplicacións para Android de Google, que alberga a máis de 675.000 aplicacións e xogos, anuncia que hoxe superou os 25.000 millóns de descargas, o que serve para reflectir publicamente o grande crecemento que tivo esta plataforma nos últimos anos ata converterse no principal sistema operativo para smartphones ao saber chegar a un público moi amplo grazas ao grande abano de terminais nos que está dispoñible.
Para celebrar este grande volume de descargas dende Google Play decidiron lanzar unha serie de ofertas de produtos descargables a 25 centavos, que nos EE.UU. inclúe 25 películas, 25 libros, 25 discos de música e 25 revistas, xunto cunha selección de aplicacións que no caso español chegan a 0,25 euros e que incluiría xogos como Angry Birds Space Premium e Asphalt 7: Heate aplicacións de grande utilidade como OfficeSuite Pro 6 (PDF &HD).

PUBLICIDADE