Everboom, o altofalante de Ultimate Ears ideal para o verán

mércores, 26 de xuño do 2024 Marcus Fernández

A filial de Logitech especializada en altofalantes sen fíos, Ultimate Ears, ten un novo dispositivo de cara ao verán, o altofalante sen fíos Everboom, que coa súa conectividade Bluetooth, o seu deseño resistente e o seu son envolvente de 360 graos quere converterse nun compañeiro máis durante as aventuras estivais.
O UE Everboom é un altofalante cunhas dimensións de 205 x 110 x 85 milímetros, 960 gramos de peso, batería cunha autonomía de até 20 horas e unha resistencia tanto ante caídas de até 1 metros, como ante po e auga, destacando o feito de que incluso flota, de xeito que é un dispositivo bastante seguro para empregar en actividades xunta a auga.
Este potente altofalante véndese a un prezo oficial de 289 euros e, aparte das súas característica físicas, tamén goza das prestacións propias dos produtos de Ultimate Ears, como permitir emparellar varios altofalantes da mesma marca para ambientar unha festa, poder emparellalo cun smartphone rapidamente mediante NFC, poder controlalo facilmente mediante o seu magic button e incluso permite o seu uso a xeito de megáfono a través da aplicación móbil Boom (dispoñible para Android e para iOS).

Vídeo promocional do altofalante UE Everboom

PUBLICIDADE