Os Beats Pill buscan ser os altofalantes portátiles do verán

venres, 28 de xuño do 2024 Marcus Fernández

Este verán vai saír á venda un novo altofalante portátil de Apple, os Beats Pill, que terán un prezo de 169,95 euros, estando dispoñibles en tres cores distintas (negro mate, vermello lume e cava).
Falamos dun altofalante cun son potente pese ao seu reducido tamaño (mide 21,9 x 7,1 x 7 centímetros), pesa 680 gramos, ten unha autonomía de até 24 horas (contando con carga rápida que permite até 2 horas de reprodución tras só 10 minutos de carga), inclúe un cordón extraíble para facilitar o seu transporte, ten resistencia IP67 contra o po e a auga, e resulta especialmente versátil ao poder recibir o son a través de Bluetooth ou directamente mediante USB-C (opción que facilita a reprodución de audio sen perda).
Aínda que esteamos ante un produto de Apple, o Beats Pill tamén pode emparellarse ao instante con dispositivos Android, e tamén é compatible coas funcións de buscar (de Android e iOS).
O altofalante tamén integra micrófono, de xeito que pode empregarse para invocar ao asistente de voz ou para realizar chamadas de voz en mans libres.
Os compradores destes altofalantes que non se subscribiran nunca a Apple Music recibirán 6 meses de música se custo adicional.

Vídeo promocional do Beats Pill

PUBLICIDADE