O Starlink Mini inicia a súa oferta comercial

venres, 21 de xuño do 2024 Marcus Fernández

Imaxe de Michael Nicholls, vicepresidente de Starlink Engineering.

Finalmente a antena Starlink Mini, desvelada hai un par de días, é unha realidade comercial, e está a ofrecerse a usuarios duns poucos territorios a un prezo de 599 dólares (lixeiramente superior á antena ordinaria, aínda que a intención é reducir considerablemente o prezo no futuro) e prevé un rápido espallamento internacional ante a súa esperada alta demanda entre usuarios que se desprazan decote.
As especificacións da Starlink Mini xa poden consultarse na páxina web de Starlink, confirmando o seu peso de só 1,10 quilos (sen soporte) e as súas dimensións tan compactas que fan que teña unha transportabilidade equivalente á dun ordenador portátil.
O que cómpre sinalar é que con esta antena non é posible gozar do servizo residencial que actualmente pode contratarse por 38/49 euros ao mes, senón que habería que contratar o servizo itinerante que custa 59 euros/mes, o que segue a ser un prezo moi axustado para un servizo que ofrece banda larga en practicamente calquera lugar con visión directa do ceo, resultando moi práctico para que se desprace por lugares onde non hai boa cobertura da 5G.

PUBLICIDADE