PC City lanza un Plan Renove de equipos informáticos para empresas
martes, 26 de xuño do 2007
A cadea de tendas de informática PC City (con
presenza galega na Coruña), vén de estrear un Plan Renove de
ordenadores de sobremesa e portátiles para empresas coas que ofrece dende 50
ata 250 euros por renovar os equipos antigos.
O novo plan será válido ata o 31 de xullo e como
requisito precisa que o ordenador antigo entregado acenda correctamente.
A cantidade entregada por PC City influirá tanto polo equipo informático
entregado como polo que se vai comprar. AsÃ, darán 50 euros por un equipo
sobremesa con procesador AthlonXP e con procesador Pentium IV a cantidade
ascenderá a 70 euros, mentres que nos portátiles as cantidades serán de 80
euros para equipos AthlonXP, 90 para Pentium III e 150 euros para Pentium IV. No
caso de que o equipo mercado sexa un Toshiba A12010L se engadirán 50 euros, e
se a compra se efectúa mediante renting
tamén se engadirán outros 50 euros.
Resulta asà bastante complicado conseguir o desconto máximo, pero este tipo de
descontos resultan especialmente interesantes non só polo aforro económico, senón
como sistema para evitar o lixo electrónico nos fogares (que despois se elimina
de xeitos pouco ecolóxicos).